XESTIONA Asesores | Subvenciones
29
archive,tag,tag-subvenciones,tag-29,ajax_fade,page_not_loaded,,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive

Establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social; e proceder a súa convocatoria para o ano 2012. A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria.   Beneficiarios: Persoas dedicadas ou incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto. 1. Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

O obxecto deste programa é subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio. As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio, nos cales se deberán recoller, polo menos, as seguintes accións:

Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo. Tipos de axudas: a) Subvención pola contratación indefinida. b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral. c) Subvención pola contratación temporal. d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio. Ao abeiro da orde de convocatoria para o ano 2012, subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2011 e o 30 de setembro de 2012, ambas inclusive.

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2012 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, en desenvolvemento do Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral. A finalidade deste réxime de axudas é fomentar e promover na Comunidade Autónoma de Galicia a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego e nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. Tipos de axuda.

A subvención regulada por estas bases ten por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio minorista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes minoristas galegos para o ano 2011.

Beneficiarios:

Os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes minoristas, xa sexa persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia.

Requisitos:

1º Estar incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo IV desta orde, e non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.Este requisito acreditarase coa presentación diante da entidade colaboradora da certificación expedida pola Axencia Tributaria en que se indiquen a data e as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figure dado de alta o solicitante.2º Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito acreditarase mediante a presentación diante da entidade colaboradora dunha declaración escrita do/a solicitante, e poderá a Administración realizar en calquera momento as comprobacións que considere oportunas para verificar a veracidade de tal declaración. Non obstante, os/as solicitantes e beneficiarios/as quedan exentos/as de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co previsto no artigo 49.1.l) da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Resolución de 18 de abril de 2011, de la Secretaría de Estado de Energía, por la que se publica la Resolución del Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, por la que se establecen las bases reguladoras para la convocatoria del Programa de ayudas para la renovación de neumáticos, en el marco del Plan de intensificación del ahorro y la eficiencia energética.
Características. 1. Las ayudas que se regulan mediante las presentes bases revisten la modalidad de entrega dineraria sin contraprestación, sujeta al cumplimiento, ejecución y realización de los objetivos, actividades y condiciones establecidas por estas bases, de conformidad con lo establecido en los artículos 2 y 3 de la Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones.

Resolución de 22 de marzo de 2011, del Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, por la que se aprueba la convocatoria para el año 2011 del procedimiento de concesión de subvenciones del subprograma de apoyo a la participación de empresas en programas internacionales de I+D, Interempresas Internacional, en el marco del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011.
Objeto de la convocatoria. 1. El subprograma de apoyo a la participación de empresas en programas internacionales de I+D (Interempresas Internacional) está orientado prioritariamente a favorecer la participación de empresas españolas en programas de cooperación

Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A).
  As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto impulsar a realización de actuacións de difusión e sensibilización, relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a talleres de reparación de vehículos, Plan Renove para talleres de reparación de vehículos, para a adquisición de equipamento e adecuación das súas instalacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011. Procedemento (IN530C).
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar actuacións de investimento en equipamento e/ou instalacións en establecementos dedicados á reparación de vehículos en Galicia.

Orde do 23 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (CT983I), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
  Obxeto: Promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia. Consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a seguir:
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.