XESTIONA Asesores | Promoción da afiliación á seguridade social dos cotitulares ou titulares de explotacións agrarias
2294
single,single-post,postid-2294,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive

Promoción da afiliación á seguridade social dos cotitulares ou titulares de explotacións agrarias

Establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social; e proceder a súa convocatoria para o ano 2012.

A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria.

 

Beneficiarios:

Persoas dedicadas ou incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto.

1. Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de outubro de 2011 e ata o 30 de setembro de 2012.
b) Ter cincuenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación agraria, sempre que este estea dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na disposición adicional primeira da Lei 18/2007.

2. Mulleres de cincuenta ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 1 de outubro de 2011 e ata o 30 de setembro de 2012 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:

a) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio.
b) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao incluído.
c) Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.
Nestes casos, deberá producirse unha continuidade no funcionamento da explotación agraria de xeito que entre a data de alta no sistema especial da nova titular e a data do feito causante que determina o cambio de titularidade non transcorran máis de 12 meses.

Requisitos:

Serán requisitos para poder acceder á condición de beneficiario das axudas establecidas nesta orde que non estivesen de alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, nos 6 meses inmediatamente anteriores ao mes da súa alta no sistema especial, nin percibisen subvencións ao abeiro deste programa de incentivos en anteriores convocatorias.

Obrigas:

a) Manter a alta no correspondente réxime especial da Seguridade Social e a actividade agraria durante un tempo mínimo de tres anos desde a data de alta, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar fidedignamente. No suposto de darse de baixa con anterioridade, deberá comunicar esta circunstancia ao órgano concedente dentro do prazo dos dous meses posteriores á dita baixa.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

Vía | Xunta de Galicia



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.