XESTIONA Asesores | IGAPE: Convocatoria do programa Innoempresa 2013
2452
single,single-post,postid-2452,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive

IGAPE: Convocatoria do programa Innoempresa 2013

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O programa Innoempresa ten por obxectivo facilitar o financiamento de proxectos empresariais orientados á mellora da competitividade a través do incremento da capacidade innovadora das pemes.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 8 do próximo mes de xullo.
As liñas de axudas aplicables a este eixo son as seguintes:

 
  • IG127  -Proxectos que impliquen a adopción de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada.
  • IG129 – Proxectos de deseño de novo produto, puidendo incluir elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto no mesmo proxecto.
  • IG131 – Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado desenvolvidos por pemes que impliquen a creación ou mellora substancial dun produto, proceso produtivo ou servizo de maior nivel tecnolóxico para adecuar a súa oferta ás esixencias dos mercados.
  • IG132 – Implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i) e UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i).
  • IG134 – Proxectos presentados por grupos de empresas cuxa actividade forme parte da cadea de valor global dun produto, a través de proxectos integrados de xestión loxística, medioambiental ou enerxética e outros proxectos innovadores de implantación conxunta, como enxeñería concurrente ou deseño distribuído, destinados a mellorar procesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor.
  • IG135– Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes.

Vía | DOG



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.