XESTIONA Asesores | Convocatoria subvención prácticas laborales Programa Ourense Líder (Deputación de Ourense)
2657
single,single-post,postid-2657,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive

Convocatoria subvención prácticas laborales Programa Ourense Líder (Deputación de Ourense)

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de 7 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais, de 6 meses de duración, en empresas dos Estados Unidos de América, que teñen como finalidade apoiar os participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolve- mento persoal e profesional, facilitando con isto o desenvolve- mento de talento e a capacidade de liderado.

Poderán ser beneficiarios deste programa persoas en posesión de titulación universitaria. As prácticas desenvolveranse en empresas asentadas nos Estados Unidos de América.
Será competencia desta Deputación Provincial a adxudicación de destinos para aquelas persoas seleccionadas como bolseiras, en atención ao ámbito de actividade das empresas participan- tes no Programa, á adecuación dos candidatos ao programa e ao nivel amosado de coñecemento de idioma inglés.

Poderán obter bolsa os solicitantes, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

 

– Posuír titulación universitaria dalgunha da seguintes disciplinas:

*Administración e Dirección de Empresas

*Comercio

*Empresas

*Economía

*Dereito

*Enxeñería

*Arquitectura

*Bioloxía

 

– Estar empadroado nalgún concello da provincia de Ourense con data anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
– Ter menos de 30 anos no ano de presentación da solicitude.

 

Máis información|  BOP Ourense



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR