XESTIONA Asesores | Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas
2465
single,single-post,postid-2465,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive

Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

3. Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran.

 

Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013.

 

Contía dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
– Primeira persoa traballadora indefinida:
a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 5.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home
desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha
muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
– Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.

 

Exclusións

Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais
parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da persoa solicitante.

 

Solicitudes e prazo

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1
de outubro de 2012 e a data da publicación desta orde, poderán presentarse no prazo dun mes contado desde a data de publicación desta orde.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013.

 

Vía | DOG



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.